• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Investidura Doutor Honoris Causa. Salvador Moncada
  •  »  Discurso de gabanza

Discurso de gabanza

Data de celebración: 21/10/1999
Visto: 7172 veces

A partir dun proyecto de investigación para estudiar o efecto duns fármacos Ángel Belmonte coñeceu a Salvador Moncada a través dos seus artigos sobre a prostaciclina mailo óxido nítirico. Para Belmonte, Moncada é hoxe investido por dous motivos: o primeiro coma honra e recoñecemento dos seus importantes méritos científicos; e o segundo para establecer unha colaboración entre a nosa Universidade e o laboratorio que o doutorando dirixe en Londres. Belmonte afirma que Moncada abriu un campo novo para a Mediciña, e os seus traballos son un punto de referencia obligada na investigación farmacolóxica. Sendo a súa traxectoria fruto da perseverancia e do traballo ben feito. E considera inxusto que non lle concederan o premio Nobel. Belmonte relata que Moncada ó rematar os seus estudios de Mediciña en El Salvador (Honduras) vaise a Gran Bretaña a face-lo doutorado en Farmacoloxía. Alí involucrase na investigación farmacolóxica alternadoa coa súa implicación en tarefas de docencia. O seu labor de investigación é amplio e fecundo pero destacan os traballos que o conduxeron o descubrimento da prostaciclina (1976) e o óxido nítrico (1987). O grupo de Moncada indentifica o óxido nítrico coma un novo elemento biolóxico con un destacado papel en múltiples procesos fisiolóxicos, e cunha participación en varios procesos patolóxicos. O descubrimento serviu para abrir novas vías terapéuticas e novos horizontes na Ciencia. A importancia da obra de Moncada recibiu o recoñecemento da sociedade científica internacional, o que reflexase nos seus numerosos nombramentos Honoris Causa polas máis pretixiosas universidades; como académico de honra de múltiples e importantes sociedades científicas; como editor de numerosos e prestixiosas revistas científicas, publicou centos de artigos; conferenciante invitado dos principais eventos das conmemoracións científicas; galardoado con numerosos premios e distincións. E remata afirmando que o labor fecundo de Salvador Moncada está colmado de servicios á Medicina, á Ciencia e á Humanidade.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Villanueva Prieto, Francisco Darío
Reitor da USC
Belmonte Vicente, Ángel
Profesor da facultade de Medicina
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Vídeos da mesma serie:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license