As humanidades estudan as dimensións culturais, artísticas e sociais do ser humano e axudan a analizar criticamente a sociedade. Durante séculos formaron parte do mesmo corpo de saberes que as ciencias, pero a partir do século XIX xorde unha separación entre ambos ámbitos. As novas humanidades, buscan recuperar esa conexión para comprender mellor os retos actuais. O Instituto de Investigaciónen Humanidades (iHUS) reúne especialistas de filosofía, filoloxía, historia, arte ou mediciña que colaboran para abordar cuestións complexas como a as novas tecnoloxías, o medio ambiente, a saúde ou as migracións. O centro xa conta con proxectos relevantes e traballa para reforzar a súa colaboración con institucións e empresas e achegar o seu coñecemento á cidadanía.