Presenta o acto en nome do reitor, a vicerreitora Mª José Alonso Fernández. Comeza disculpando a ausencia do reitor e facendo unha breve presentación do protagonista. Pasa de inmediato a falar das características e importancia do Programa ConCiencia e do orgullo que supón ter un evento coma este na cidade de Santiago. Remata facendo unha loubanza do traballo tanto do director do Programa ConCiencia, á Fundación Caixa Galicia e do padriño do protagonista, Enrique Guitian. Jorge Mira tras comezar cos agradecementos propios do acto, e de invitar a todos os científicos presentes a trasladarse a traballar na USC, faille un regalo dunha mochila a Harold W. Kroto e invita a un alumno do público a entregarlle unha camiseta a este. Remata introducindo ao padriño do conferenciante. Enrique Guitián fai un repaso pola vida e obra de Harold W. Kroto, facendo especial mención a aqueles momentos chave na súa carreira como investigador.