• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Festividade de San Tomé de Aquino 2001.
  •  »  Intervención do reitor e peche do acto.

Intervención do reitor e peche do acto.

Data de celebración: 29/01/2001
Visto: 5743 veces

O reitor da USC Dario Villanueva Prieto abre agradecendo ó encargado de dar a lección maxistral pola súa exposición. Fai referencia a unhas prediccións apocalípticas que non se cumpriron, describindo o funcionamento da secta encargada de transmitir á sociedade tal cábala. Continúa facendo un repaso polo pensamento catastrofista que linda entre o humorístico e o informativo. Con tal discurso trata de chegar a unha conclusión, a necesidade do maxisterio como ferramenta de formación. Pon especial interese neste papel ante unha sociedade que cambia e ante unha xuventude cada vez mais separada dese sistema de ensino por mor das novas tecnoloxías. Tamén denuncia os atentados levados a cabo por E.T.A. Ademais fai referencia ao profesor Montero Ríos a algunha das súas liñas de pensamento académico. Remata facendo referencia a algunhas das novas adaptacións que se deben abordar dentro do sistema universitario para facer un sistema europeo común para o ensino superior. Remata o acto co Gaudeamus Igitur interpretado polo coro da USC.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Darío Villanueva Prieto
Reitor da USC 1994-2002
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license