Tras uns rápidos agradecementos a todolos que axudaron a esta presentación da charla Sheldon Glashow pasa directamente ó tema central da súa conferencia. Os neutrinos, a súa definición e a importancia da súa actividade e o estudio do que son obxeto. A partir destes conceptos comeza un percorrido pola historia da física teórica ata o presente e con algúns bocexos do que o futuro nos pode regalar. Durante o turno de preguntas o científico contesta a todos os que lle fan algunha pregunta ou rebaten algunha das ideas expostas durante a conferencia.