Celebración da festividade de Santo Tomás de Aquino, patrón da Universidade, no Auditorio Isaac Díaz Pardo do campus de Lugo. Abre o acto a entrada da comitiva oficial mentres o coro da USC ameniza coas súas voces. De seguido, o reitor Juan Casares Long, inaugura o acto cun sentido pésame polo falecemento de María Teresa Herrera, membro da comunidade universitaria compostelá. Tras un minuto de silencio, o reitor dalle o relevo á profesora Inmaculada Cárdenas para que expoña a súa lección maxistral.