María Antonia Otero Quintás, Conselleira de Jazztel e Presidenta de Innotarget, fai unha exposición detallada de cales son os requisitos dun inversor á hora de valorar os proxectos nos que se quere implicar. Comeza a súa exposición falando do primeiro buscador de internet e do seu descalabro frente a Google. Tras uns conceptos xerais sobre inversión e emprendemento, analiza cales son os modos efectivos de presentar e defender un proxecto ante os inversores; para rematar sinala os puntos quentes que valora un inversor á hora de involucrarse nun proxecto. Durante a súa conferencia os asistentes interrumpenlle para interactuar e xerar un debate sobre os conceptos expostos.