Dario Villanueva Prieto comeza falando do dito por el mesmo anos antes, na primeira etapa como reitor, agradecendo ao equipo reitoral que o acompañou durante eses anos. Tamén fai unha visión sobre o futuro da universidade e de como queremos transformar a nosa institución para os vindeiros anos. De novo volta ao pasado para falar daqueles que nos anos 70 loitaron pola liberdade e independencia da institución educativa compostelana. Remata voltando ao presente, reclamando un esforzo para poñerse ao día con Europa no trato ás universidades e á educación como instrumento de progreso.