María José Alonso Fernández desenvolve o seu discurso de ingreso "Da farmacia galénica á nanomedicina". Primeiro fai os correspondentes agradecementos para inmediatamente pasar a facer un repaso histórico da farmacia galénica dende os seus inicios, pasando pola súa formalización como ciencia na década dos 50 do século XX. Sinala algunhas das figuras esenciais do desenvolvemento desta rama farmacéutica.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Alonso Fernández, Mª José
Catedrática de Biofarmacia e Tecnoloxía Farmaceutica, Universidade de Santiago de Compostela