José Caride Gómez abre esta mesa inaugural facendo un repaso dos valores que os levaron ata este foro. Agradece a presenza dos convidados e dos colaboradores na organización deste foro de conversa. Continúa na quenda de intervencións inaugurais Eloy Martos, que como presidente da RIUL e asinante do convenio coa USC, describe as intencións desteacordo e do proxecto xeral respecto da lectura e da literatura. As universidades son foros especialmente propicios para este proxecto e una porta de cara á sociedade. Francisco Durán Villa, vicerreitor da USC, fai os protocolarios agradecementos pola inclusión da nosa universidade nesta rede internacional, e agradecemento tamén para todos os organizadores deste foro; tamén da a benvida á nosa cidade e á nosa universidade desta reunión tan especial.