Apertura do Acto e Investidura de Dña. Martha C. Nussbaum

Data de celebración: 18/11/2023
Visto: 465 veces

Martha C. Nussbaum centrou a súa intervención nos animais non humanos aos que definiu como “peregrinos” xa que se desprazan constantemente na procura dunha contorna estable na que vivir. A profesora Nussbaum reflexionou sobre como “os animais sofren a xustiza nas nosas mans” e lembrou, neste senso, que “a dominación humana esténdese por todos os eidos”, dende o mar, pasando polo aire e, por suposto, tamén na terra. Nussbaum, “clásico vivo do pensamento universal” —en palabras do seu padriño de doutoramento honoris causa Martín González Fernández—, é recoñecida en todo o mundo como a ‘filósofa das emocións’. Nussbaum amosouse esperanzada na construción dun mundo que respecte os dereitos dos animais, loita na que tamén estivo involucrada a súa filla Rachel finada en 2019. O doutoramento honoris causa de Martha Nussbaum foi proposto polo departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC. Doutora en Dereito e Ética pola Universidade de Harvard, foi docente en Harvard, Brown, Oxford e na Universidade de Chicago. As súas obras constitúen unha referencia obrigada nos programas de estudo das universidades de todo o mundo, tanto no ámbito da Filosofía, como no das Ciencias da Educación, Dereito ou Ciencias Políticas. En 2012, foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Díaz, Antonio
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Nussbaum, C. Martha
Filósofa e Investigadora. Profesora en Harvard, Brown e Oxford
González Fernández, Martín
Departamento de Filosofía e Antropoloxía, Universidade de Santiago de Compostela
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license