O alumno Juan Trastoi Quintela no seu discurso fala da esperanza que está depositada na xeración á que pertencen el e os seus compañeiros. Refírese ó selectivo e á universidade, a todo o proceso e á celeridade co que as decisións teñen que ser tomadas. As vacacións e os novos retos da vida, as experiencias e o ritmo de traballo nos estudos, a festa e o amor. Moitos novos camiños que se abren e que eles afrontan con gañas e entusiasmo.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais