O director do IES Blanco Amor de Ourense, Jose Luis Díaz Leyes, comeza felicitando á USC por organizar un evento destas características. Continúa citando a Platón para dar a entender que os mellores de cada xeración, tanto académica como humanamente, deben ser os que dirixan a sociedade polos camiños axeitados. O esforzo, a xenialidade a ilusión e o aopio familiar e dos amigos son a base do éxito destes alumnos destacados. Tamén ten unhas verbas de loubanza, con certa contención , ó sistema educativo; a comparanza coa situación da maioría da poboación do planeta fai a os alumnos desta parte do planeta uns privilexiados. Para rematar fala de todo o que lles queda por diante, de vida e de educación.