Para Ángel Álvarez, Pierre Aubenque é un dos máis pretixiosos especialistas en filosofía grega. Para él facer o relato documentado das publicacións de Aubenque e seguir a súa traxectoria académica é fácil, pero considera difícil apreciar na xusta medida a súa contribución á interpretación do filósofo. As dúas obras principais de Aubenque supuxeron unha revolución no panorama filosófico. O núcleo da investigación de Aubenque é a obra de Aristóteles. Ten a Aristóteles como centro significa ter ó pensamento antigo como campo temático, pero a referencia é o home actual, os problemas que obrigan volver a mirada na procura dunha verdade que poda sernos útil. Define a Pierre Aubenque como un filósofo post-moderno que asenta o seu paso sobre o clasicismo de Aristóteles e esforzase por atopar a modernización entre os extremos de quenes soñan con realizar o Reino de Deus na Terra e aqueles que pérdida toda confianza no home o entregan ás resignacións e á lamentación.