• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Imposición da Medalla de Mecenas da USC á Fundación Barrié de la Maza
  •  »  Discurso do Reitor da USC

Discurso do Reitor da USC

Data de celebración: 16/12/2009
Visto: 7644 veces

O Reitor afirma que a concesión da Medalla Mecenas á Fundación Barrié, unha das máis importantes de Europa polo seu patrimonio e traxectoria, quere reafirmar a importante contribución feita pola Fundación a prol da USC no ámbito das infraestructuras, a conservación do patrimonio histórico e artístico, os servizos, o apoio á docencia, e a investigación ou a cultura. A través da Fundación, proseguiu o Reitor, don pedro Barrié de la Maza quixo loitar polo progreso económico, social e cultural de Galicia, dende unha perspectiva global e facelo para sempre. Cunha visión certamente adiantada do seu tempo, os obxectivos da Fundación insisten en promover, fomentar e soster a investigación. Xustamente, a promoción da investigación cobra, segundo Barro, un papel de necesidade se queremos apostar polo progreso económico e social de Galicia. Neste senso, apelou o Reitor por empeñarnos en sernos donos plenipotenciarios da nosa riqueza natural e humana e poder así posuir o noso futuro.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Senén Barro Ameneiro
Reitor da USC 2002-2010
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license