Na sua lección maxistral o profesor Concheiro fai un repaso á vinculación existente entre as dúas ramas, que se conxugan no Dereito médico e na Medicina Legal, "dúas cuestións que ningún alumno desas facultades podrá deixar de incluir nos seus coñecementos". Concheiro lembrou que a USC foi pioneira na promoción da especialización médico legal, coa creación fai máis de 30 anos dunha praza de catedrático na Facultade de Medicina, como coa creación dunha asignatura de Medicina legal na Facultade de Dereito. O catedrático máis veterano da Universidade concluiu plantexando como reto futuro un máster e un Instituto de Bioética e Dereito médico. O rematar a lectura da Lección Maxistral o coro universitario interpreta unha peza.