"Química supramolecular, a química LEGO" fai unha comparativa entre as estructuras bioquímicas e o xogo internacionalmente coñecido chamado LEGO. Para situar ó público o profesor fai unha breve introducción descriptiva sobre este xogo de construcción con pezas. Tamén aproveita para reclamar máis atención e financiamento para as carreiras investigadoras e as propostas ariscadas no campo da ciencia. Inmediatamente comeza a trazar o paralelismo entre a construcción LEGO e a formación das estructuras supramoleculares. Para situar mellor a súa exposición a medida que avanza vai expoñendo a labor doutros científicos no mesmo campo e como axudaron a chegar ó punto no que hoxe nos atopamos. Peza composta por Juan Arañés e cantada polo coro da USC.