• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Investidura Doutor Honoris Causa. Konrad Messmer
  •  »  A cirurxía hoxe. Aspectos e problemas fundamentais

A cirurxía hoxe. Aspectos e problemas fundamentais

Data de celebración: 26/10/1998
Visto: 7184 veces

Miguel Caínzos considera que Konrad Messmer é unha das figuras máis destacadas da cirurxía europea dos últimos 35 anos. A cirurxía mantense en continuo movemento tratando de avanzar e resolver con éxito e eficacia os seus problemas fundamentais, que para Miguel Caínzos son: - A bioloxía das súas feridas: onde hai unha simbiosis entre os mecanismos reparadores do organismo humano (macrofagos e fibroblastos) e o cirurxán. - A infección: é a maior causa de mortalidade despois dunha operación. O uso adecuado da profilasis antibiótica permitiu reducir de forma significativa o índice de infeccións post-operatorias. Messmer centrou o seu interese no estudo da seoticemia. - O shock: situación de extrema gravidada que se non é correxida coa máxima rapidez conducirá irreversiblemente ó doente á morte. Sacar o doente do mesmo, ou evitar que entre, é unha preocupación do cirurxán. Messmer investigou tódaslas consecuencias e oríxes da endotoxemia. - Os tumores e o seu tratamento: a forma máis eficaz de tratar un tumor é a cirurxía. Messmer prestou especial atención ó estudo dos melanomas, dos tumores da cabeza e colo, dos tumores da vexiga urinaria e ó fluxo sanguíneo dos tumores en xeral. - Os trasplantes de órganos: hoxe en día practicamente calquer órgano poder ser trasplantado con éxito, grazas ó mellor coñecemento do sistema inmune. Por outro banda os avances no estudo da microcirculación permitiron coñece-lo proceso de reperfusión post-isquémica así como a reoxixenación no órgano doado, e éste é un dos terreos máis estudados polo profesor Messmer. Aínda que hai que destacar que a deficiente disponibilidade de organos para o traspnate conducenos ó trasplante con animais. - A técnica operatoria: é a que define ó cirurxán. Destacable é a aparición da técnica laparoscópica. - A cirurxía universitaria: o cirurxán ademáis de operar debe investigar sobre o que fai. A investigación que realiza o cirurxán debe estar orientada hacia a patoloxía quirúrxica. - O futuro da cirurxía: case sen percibilo estamos na era da cibercirurxía. A cirurxía levada por ordenador será unha realidade nos próximos anos. O cirurxán terá que estar preparado para asumir novos conceptos. O futuro vendrá dado polo reemplazamento total da interfez do cirurxán mediante un sistema totalmente dixital. O mellor cirurxán do futuro será o máis intelixente non o máis hábil.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Villanueva Prieto, Francisco Darío
Reitor da USC
Caínzos Fernández, Miguel
Profesor da facultade de Medicina e Odontoloxía
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license