O reitor toma a palabra para felicitar ao profesor encargado de facer a lección maxistral. Recorda ao profesor Modesto Seara, para sinalar á institución universitaria como elemento transformador da sociedade. Fala da intergración para a mellora do desenvolvemento, para elo sinala algúns datos que alentan a continuar este camiño, sen deixar de lado a sostenibilidade. Sinala as liñas xerais do Plan Estratéxico 2011-2020 da USC, os seus obxectivos esenciais e dalgunhas medidas a tomar para acadalo. Remata o acto co Gaudeamus Igitur interpretado polo coro da USC.