• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Mellores expedientes 2011.
  •  »  Intervención do reitor e peche.

Intervención do reitor e peche.

Data de celebración: 01/07/2011
Visto: 6121 veces

A presentación do acto corre a cargo do reitor da USC, Juan Casares Long. O alumno encargado de facer o discurso en nome dos homenaxeados, Alejandro Vilar López, fala da etapa universitaria que se abre e do pracer que lle supón ter a oportunidade de poder pasala en Galicia. De moita brevedade, o seu discurso apela á sinceridade nos obxectivos dos futuros traballadores deste país e na importancia de escoller un camiño axeitado ó que un quere. Vicente Docasar Docasar, profesor de ensino medio, é o encargado de representar a este colectivo neste acto. Tras os breves agradecementos, adicalle palabras de alento para continuar con esta liña de traballo tanto ós alumnos como aos pais ou titores destes. Aos gobernantes failles unha crítica constructiva con respecto das decisións que toman; critica os constantes cambios nas estructuras educativas, e na falta de fondos de financiamento para o ámbito educativo. Por último fala do papel do profesorado, do apoio que require un traballo como o seu por parte de todos os factores implicados no sistema educativo. O profesor Luis Hervella fai a presentación e explicación do modo de funcionar do acto de entrega de diplomas aos alumnos. En grupos de seis son chamados para recollelo de mans dos membros da mesa presidencial. Manuel Salgado Rodríguez lee a acta do xurado que designa os premios do concurso de relatos organizado para os alumnos de secundaria pola USC. Faino en calidade de Presidente do xurado deste. A entrega dos premios corre a cargo do reitor. Como gañadora do concurso a estudiante Sabela Roibás Méndez fai lectura do seu relato premiado diante de todo o auditorio. O segundo premio foi para Daniel Luis Naranjos. Sabela Roibás Méndez le ante o auditorio o seu relato, cheo de detalles personais e propio dunha persona moi observadora. O alcalde de Lugo, Xose C. López Orozco, fala da felicidade e da busqueda desta. Anima aos alumnos a que o busquen no coñecemento e en brindarlle á sociedade o acadado con estes coñecementos. Fai unha breve defensa da profesión política. O reitor Juan Casares Long comeza cos obrigados agradecementos a todolos presentes. Fai unha exposición sobre as bondades que poderan atopar aqueles alumnos que escollan pasar polas aulas da USC.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Juan José Casares Long
Reitor da USC 2010-2014
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license