O reitor Juan Casares Long comeza agradecendo a presencia dos alumnos e dos familiares neste acto. Sitúa a universidade como o motor fundamental do futuro da nosa sociedade. Insiste no discurso de cambio nas formas e contidos da institución universitaria. Ademais recoñece á USC como unha das universidades punteiras dentro do ámbito estatal e europeo. Remata desexándolle sorte a todos os estudantes que van a pasar a formar parte da universidade nos vindeiros anos.