Continúa o acto coa lección doutoral de Luciano Martini. Comeza a disertación cos lóxicos agradecementos polo recoñecemento para continuar relacionando a cultura e relixiosidade entre o seu país de orixe e España. Aquí introduce o elemento central da súa lección e sinala a España e Italia como países piomeiros no desenvolvemento da endocrinoloxía. Dende esta premisa vai facendo un repaso dalgúns dos momentos chave na historia desta disciplina. Aquí destaca algunhas das aportacións que el e o seu equipo de traballo levaron a cabo. Non deixa escapar a ocasión para facer unha valoración do camiño que debe seguir a ciencia e a universidade con respecto da sociedade que as rodea e do mundo, referíndose á universalidade como base do coñecemento. Remata reiterando o seu agradecemento.