O reitor Senén Barro Ameneiro centra o seu discurso de apertura do curso no papel dos cambios externos ós que é necesario adaptarse con celeridade coa nova lei de universidades. A crise de diñeiro e de estudiantes tamén son factores que destaca á hora de plantexar o novo curso académico e o traballo a corto-medio prazo. Lonxe de dar unha idea meramente crítica da situación actual das universidades, o reitor ofrece unha serie de ideas para paliar algúns dos frentes abertos dentro do ámbito académico e do funcionamento administrativo da entidade.