Celebración da festividade de Santo Tomé de Aquino, patrón da universidade, no Salón de Actos José Rodríguez Mourelo da Facultade de Ciencias do campus de Lugo. Abre o acto a entrada da comitiva oficial mentres o coro interpreta o . De seguido, o reitor Juan Viaño, cede a palabra ao profesora Eugenio Rodríguez Núñez para que expoña a súa lección maxistral. O profesor Eugenio Rodríguez Núñez, do departamento de Física Aplicada, fai unha radiografíada actualidade xurdida do acordo de París sobre cambio climático e sobre enerxías renovables e sostibles. Analiza os problemas principais e algunhas das solucións aplicadas ou en proceso de investigación para obter enerxías menos agresivas co medio ambiente e cun rendemento maior. O grupo vogal Solo Voces actúa entre a lección maxistral e o discurso do reitor.