O político, avogado e estadista Raúl Alfonsín na súa lección doutoral lembra a relación simbólica e singular que sempre houbo entre España e América, entre Galicia e Arxentina, unha común cultura que engrandece e enriquece a ambas por igual. Pola contra destaca que a tarefa da Universidade é estreitar estas relacións creando valores universais.