Darío Villanueva Prieto, en calidade de reitor da USC, é o encargado de facer o discurso de apertura do novo curso. Fai referencia na primeira parte do seu relato ao tema central da lección maxistral, da visión e relevancia futura desta materia non só para a ciencia, sinón para toda a comunidade universitaria e social. Sinala a continuación o traballo que se está a levar a cabo en canto á restauración dos edificios históricos da USC. Tamén menciona as negociacións cos responsables do SERGAS para participar nun proxecto sobre saúde. Remata repasando o cadro de traballadores da universidade e dos cambios máis destacados neste eido. O coro universitario interpreta o Gaudeamus Igitur para finalizar o acto.