O reitor comeza o seu discurso realizando un retrato actualizado da saúde da facultade de veterinaria e da universidade compostelá en xeral. Dalle especial atención ao plan de finanaciamento e ós pasos dados dende a administración da USC nese senso, e o éxito próximo desas medidas. Tamén centra a súa atención no novo modelo universitario e a súa orientación cara os valores emprendedores, na transferencia de coñecemento para crear un enriquecemento mutuo coa sociedade. Fala tamén dalgúns programas de carácter internacional que se están a poñer en marcha para mellorar e incentivar a movilidade cara o exterior e do exterior cara as nosas aulas. Remata o seu discurso facendo un merecido homenaxe ó profesor Enrique González García, ausente por enfermidade e ó cal tamén se lle concedeu a insignia da universidade. Remata o acto co Gaudeamus Igitur interpretado polo coro da USC.