Ricardo Capilla Pueyo enmarca o momento actual na profunda crise na que todo o sistema económico está inmerso, e na responsabilidade engadida que teñen os que ocupan postos de responsabilidade pública, coma el. Fala de impostos, do mecanismo de xerar gasto social e de investigación, de implementación de ingresos, aportando unha idea de rexeneración do sistema económico no que se fundamenta a investigación.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais