Eva Codesido, responsable de xestionar o apartado de recursos humanos de Galchimia, fala da súa experiencia particular neste eido. Primeiro presenta a empresa para a que traballa, o nicho de mercado no que está ubicada, e a partir deste punto fai unha análise da evolución do equipo humano e do modo que se esta a levar a cabo a xestión do mesmo. Fai especial incidencia no axuste de salarios e postos de traballo na fase inicial do desenvolvemento da empresa.