Comeza falando Pilar Morgade Saavedra, Directora da Área de Crecemento e Valorización da Axencia Galega de Innovación, que sinala principalmente da necesidade dun cambio económico e estructural a partir dunha forte aposta polo coñecemento e da tecnoloxía aplicada ao tecido empresarial. Continúa na mesma liña Jose Luis Villaverde, director da AVTE da USC, e enumera e explica os puntos que se tratan de acadar neste encontro, os eixos sobre os que se sustenta a organización dun evento destas características. Intervención de Francisco González García, vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, aporta outros puntos xerais que poden ser clave á hora de impulsar a investigación e as alianzas co mercado e por tanto co tecido económico do coñecemento xerado na universidade.