O profesor Alejandrino Fernández de Barreiro pronuncia o seu discurso que versa sobre a autonomía do dereito en occidente. Relata con pausa e claridade as características e esencias do modelo occidental de estado de dereito. Fai unha comparativa con outras realidades do dereito dentro da evolución occidental; dende Grecia e Roma ata os nosos días , realiza unha radiografía dos fundamentos xurídicos e lexislativos da nosa realidade. Soan varias pezas interpretadas polo coro da USC entre a lección maxistral e o discurso do reitor.