O reitor da USC, Juan Viaño Rey, comeza o seu discurso cun recordo para o recientemente finado profesor da facultade que acolle este acto, Santiago Buide Díaz. Fala sobre a crise da universidade compostelana, cunha visón realista na que se fala de posibilidade de desaparición e tamén de espectativas de crecemento. Sinala a necesidade do esforzo de todos para levar a cabo cambio que fomenten unha nova universidade adaptada aos tempos e xusta cos mozos e mozas que queren emprender o camiño dos estudios superiores e da investigación. Fala de renovación de plantilla, de planos de estudio e da organización social da USC. Remata o acto co Gaudeamus Igitur e a saída da comitiva oficial.