O catedrático en Fisioloxía da USC, Carlos Diéguez González, inicia a laudatio cun resumo sobre a traxectoria profesional de Negro Vilar, centrándose nas súas investigacións científicas innovadoras. Continua citando algúns dos galardóns que lle foron otorgados ó Doutorando polas súas contribucións á comunidade médica. Carlos Diéguez remata o seu discurso de gabanza referenciando a relación de Negro Vilar con Galicia e o seu interés pola docencia.