O reitor Ramón Villares Paz toma a palabra para facer unha análise da importancia que ten para a universidade compostelana dispoñer entre os seus doutores honoríficos a Severo Ochoa. Tamén destaca as dificultades que pasou o premiio Nobel español durante a súa vida para desenvolver a súa carreira profesional, sabendo os ambientes nos que estivo implicado, e do valor engadido de chegar a donde chegou sendo tanta a loita que lle tocou levar adiante. O coro da universidade interpreta, como é tradición o Gaudeamus Igitur. Péchase o acto coa saída da comitiva oficial dirixida pola secretaria da USC.