• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Investidura Doutor Honoris Causa Dna. Emilia Casas
  •  »  Investidura Doutora Honoris Causa Dna. Emilia Casas Baamonde

Investidura Doutora Honoris Causa Dna. Emilia Casas Baamonde

Data de celebración: 03/12/2021
Visto: 2118 veces

A primeira muller á fronte do Tribunal Constitucional entre os anos 2004 e 2011, María Emilia Casas Baamonde, foi investida este venres doutora honoris causa pola USC. A institución compostelá recoñeceu nunha cerimonia celebrada no Paraninfo, o compromiso de María Emilia Casas coa universidade e coa sociedade “especialmente a través da defensa da democracia e das súas institucións, dos valores da xustiza e da igualdade entre o home e a muller en todos os ámbitos do desenvolvemento da persoa”, tal e como explicou na súa Laudatio o padriño e catedrático da USC Javier Gárate Castro. O reitor Antonio López definiu a María Emilia Casas como “unha xurista con maiúsculas, admirada e recoñecida polos seus colegas”. A nova doutora honoris causa da USC tratou de superar “un ordenamento baseado en relacións patriarcais que provocan illamento e invisibilidade das mulleres relegadas a traballos familiares non remunerados como algo natural nun mundo desigual”, continuou o reitor ao deterse no seu labor xurisdicional. Antonio López dirixiu o seu discurso cara a denuncia das fendas de xénero xa que “hoxe, e particularmente no ámbito das institucións e administración públicas, precísase esforzo colaborativo entre as institucións para traballar cara á igualdade efectiva das mulleres no sector público, pois se ben a súa presenza no conxunto das administracións públicas é maioritaria na última década, e continúa a avanzar, segue habendo unha fenda na ocupación de postos directivos, que non chega ao 30%, e a fenda salarial segue a ser evidente”.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Díaz, Antonio
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Casas Baamonde, María Emilia
Presidenta emérita do Tribunal Constitucional de España
Gárate Castro, Javier
Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Universidade de Santiago de Compostela
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license