O reitor da USC, Juan Viaño Rey, é o encargado de abrir o acto cunha presentación breve do motivo desta reunión e dos persoeiros que o acompañan na mesa oficial deste. Anuncia unha exposición virtual da universidade a través de catro videos elaborados por alumnos de Comunicación audiovisual da USC. O alumno, Iván Arias Arias, en representación dos seus compañeiros fala das experiencias vividas na etapa do ensino secundario, dos medos e ilusións de ollar cara o futuro inmediato e da importancia da educación e do esforzo.