ApS sobre o proecto PEINAS (Pedagoxía Intercultural e Aprendizaxe-Servizo). Enmárcase na materia Pedagoxía Intercultural e Aprendizaxe de segundo curso do GRao en Pedagoxía da USC. O obxectivo é que varios grupos de alumnos podan facer un servizo á comunidade no marco de entidades que traballan na xestión da diversidade cultural, ao tempo que aprenden de contidos vinculados ao curriculum da materia e da titulación e, por suposto, para a vida.