• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Semana do Medio Ambiente. Conferencia-Coloquio
  •  »  Semana do Medio Ambiente. Conferencia-Coloquio

Semana do Medio Ambiente. Conferencia-Coloquio

Data de celebración: 02/06/2021
Visto: 1196 veces

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC súmase á celebración do Día do Medio Ambiente, unha efeméride que desde hai preto de medio século se conmemora cada 5 de xuño, coa organización dun relatorio sobre educación ambiental que se desenvolverá este mércores 2 de xuño, a partir das 17.30 horas, tralo que se proxectará en estrea mundial o documental ‘As fillas bravas e o mito de Casandra. Teatro fronte ao cambio climático’. O profesor e investigador da Universidade de Veracruz (México) abrirá esta sesión coa charla-coloquio ‘50 anos de educación ambiental, como estamos no desastre neoliberal’, unha palestra que se poderá seguir de xeito presencial no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo ou de forma telemática. Na súa intervención, González-Gaudiano falará sobre o inminente cincuentenario da Declaración de Estocolmo, un foro que impulsaría a Conferencia de Nacións Unidas celebradas en Estocolmo en 1972. Unha vez rematada esta palestra, as persoas inscritas para participar nesta xornada conmemorativa do Día do Medio Ambiente, promovida, entre outros, polo grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental (Sepa-interea) da USC , poderán visualizar a estrea mundial do documental ‘As fillas bravas e o mito de Casandra. Teatro fronte ao cambio climático’. A proxección desta peza audiovisual, na que se liga a sabedoría popular galega co cambio climático e o teatro, contará tamén coa presenza da compañía de teatro Chévere.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Iglesias da Cunha, Lucía
Universidade de Santiago de Compostela
González-Gaudiano, Édgard
Universidade Veracruzana. México
Meira Cartea, Pablo Ángel
Profesor de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da USC
Pardellas, Miguel
Universidade de Santiago de Compostela
Ron, Xesús
Chévere
De Lorenzo, Patricia
Chévere
Investidura Doctores Honoris...
Data Evento:
06/02/2024
[+]
Festividade de San Tomé...
Data Evento:
30/01/2024
[+]
Acto de entrega das Insignias...
Data Evento:
22/01/2024
[+]
Programa ConCiencia 2023. David...
Data Evento:
21/12/2023
[+]
Exposicións na USC
Data Evento:
08/11/2023
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license