O grupo de investigación Francisco de Quevedo naceu no ano 1992, integrado por Alfonso Rey, Antonio Azaustre e Santiago Fernández Mosquera. Ese ano recibiu fianciación da Xunta de Galicia para o proxecto A Lingua Literaria de Quevedo, xermen das actuacións posteriores.
O núcleo do grupo está formado por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, aos que se suman, como colaboradores externos, quevedistas doutras universidades de Europa e Estados Unidos. A nosa traxectoria o largo dunha década tivo como resultados visibles unha longa lista de publicacións sobre Quevedo e a formación de moitos investigadores. As súas aportacións, teses doctorais, tesiñas, comunicacións, ponencias,... supoñen un gran impluso aos estudos quevedianos.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Rey Álvarez, Alfonso
Coordinador do Grupo de Investigación. Departamento de Lingua e Literatura Españolas. Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Universidade de Santiago de Compostela
Alonso Veloso, María José
Departamento de Lingua e Literatura Españolas. Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Universidade de Santiago de Compostela