Con motivo do centenario da emblemática revista Nós, a facultade de Filoloxía da USC organizou tres mesas redondas que se celebraron os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro de 2020 para afondar no contexto histórico da fundación da revista.
O martes 1 foi a quenda das materias filolóxicas e lingüísticas baixo a moderación de Iago González García. José Luís Forneiro, Inmaculada Mas Álvarez e Henrique Monteagudo foron os relatores que integraron a sesión.