Con motivo do centenario da emblemática revista Nós, a facultade de Filoloxía da USC organizou tres mesas redondas que se celebraron os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro de 2020 para afondar no contexto histórico da fundación da revista.
O día 30 os relatorios estiveron centrados no vínculo entre Celtismo, Irlanda e Galicia a través das conferencias de Margarita Estévez Saá, Margarita Santos Zas e Manuela Palacios González e moderada por Daniel Durán Chapela.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais