No seu discurso, a Condesa de Fenosa, fai mención primeira e especial ás emocións que se misturan ante tal honra que se lle concede. Fai un repaso aos pioneiros da Fundación Pedro Barrie de la Maza, e a outros ilustres antepasados e familiares que lle inspiraron, axudaron e axudan na súa labor profesional, no seu mecenazgo á educación e a cultura galegas. Rematado o discurso fai xuramento do título concedido e o coro interpreta "Un sarao de la chacona/Chacona a la vida bona" en homenaxe á nova doutora pola Universidade da Coruña.