O reitor da Universidade da Coruña, José Luis Meilán Gil, sinala que éste é o primeiro paso nunha tradición que comeza a facer a súa historia na universidade coruñesa. Acompañado polos reitores tanto de Santiago como de Vigo e polo presidente da Xunta de Galicia, fala de esforzo, de éxito e de fracaso. Xustifica a elección destas dúas figuras para iniciar un ciclo que terá unha vida tan longa como a propia universidade. Tras rematar o discurso do reitor, soa o himno galego para pechar a sesión.