O obxectivo nesta terceira edición e ofrecer aos alumnos a posibilidade de mellorar a súa preparación para afrontar a súa entrada ao mundo profesional. Este proxecto está liderado pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e as Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e Relacións Laborais. Asemade, cóntase coa colaboración da Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación, un ano máis, ao responsabilizarse da cobertura audiovisual do proxecto.