O grupo KOINÉ (Estudos interdisciplinares de comunicación) desenvolve a súa actividade investigadora na esfera da Lingüística aplicada dende 1999, e convértese nun referente polo enfoque innovador no ámbito da linguaxe peculiar en proceso emerxente (adquisición) e en situación de merma (trastornos comunicativos). Sobre a base de atribuír valor á fala idiosincrática que non se acomoda aos patróns típicos (R. Jakobson 1956), o gran fito do grupo está na elaboración dun inventario de datos de fala infantil tratado electrónicamente e segundo procedementos de codificación informática asociados ao sistema CHILDES (especializado en linguaxe atípica). O corpus Koiné na súa versión chaira inicial figura no portal internacional CHILDES TalkBank dende 2006 (doi:10.21415/T5SW39).