Mesa redonda dentro do programa do Simposio ILGA 2020. O tema proposto para este Simposio, organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega, pon o foco nos procesos de estandarización. Coma sempre, no centro do Simposio está o idioma galego, pero ofrécense referentes comparativos, tanto con linguas en situación subordinada ou en proceso de normalización, canto coas linguas da contorna máis próxima e cun parentesco máis estreito.