A unidade de investigación Variación, Cambio Lingüístico e Gramaticalización foi establecida na década de 1990 pola profesora Teresa Fanego e unha equipa de académicos do Departamento de Inglés e Alemá da Universidade de Santiago de Compostela. Levamos a cabo investigacións baseadas en corpus sobre o cambio gramatical na historia do inglés, s que se están producindo no inglés actual e sobre as variedades do inglés en xeral. A un nivel máis amplo, traballamos nas cuestións tipolóxicas no campo da lingüística cognitivo-funcional, cun enfoque nos procesos de gramaticalizazón e a gramática da construcción. A nosa equipa tamén está involucrada no desenvolvemento de ferramentas e recursos para a investigación no campo. Somos socios do Consorcio Internacional de Universidades que leva a cabo a expansión e etiquetado de ARCHER (Un Corpus Representativo de Rexistros Históticos en Inglés), e fomos compilando o Corpus of Historical English Law Reports 1535-1999 (CHELAR)