Neste vídeo amosamos como modelar á evolución dunha ou
varias especies en función de diversos parámetros, analizando
modelos clásicos como o modelo Malthusiano e o modelo
depredador-presa de Lotka-Volterra.
Para facelo mais transversal e non centrarnos únicamente nun
perfil matemático, os contidos do vídeo van acompañados
dunha historia real que aconteceu en Australia. Esta historia
fala dun explorador que transportou coellos a este país para
practicar a caza, co que orixinou un grave problema de
superpoboación de coellos que perduraría máis dun século.
Tamén se comentan diversas maneiras nas que se tratou de
solucionar o problema, como o traslado de depredadores ou o
uso de modelos epidemiolóxicos.
Productora: CeTa
Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe, USC
López Somoza, Lucía
Profa, Axudante Doutora LOU. Facultade de Matemáticas, Universidade de Santiago de Compostela
Otero Zarraquiños, Oscar Alejandro
Prof. Interino de Substitución. Facultade de Matemáticas, Universidade de Santiago de Compostela
Lois Prados, Cristina
Contratada Predoutoral. Facultade de Matemáticas, Universidade de Santiago de Compostela