"Universo Sostenible" é unha serie de espazos audiovisuais na que, expertos e investigadores de distintas universidades españolas, falan de temas de gran actualidade e das súas investigacións e traballos ao respecto. A serie consta de 3 temporadas e todos os capítulos emítense na TVE2 dentro do programa "A aventura do saber". Neste capítulo, titulado: "De que esta feito?" intervén, entre outros, a profesora de Enxeñaría Química da USC Anuska Mosquera para explicar a súas investigacións na creación de novos materiais a partir de augas residuais coa fin de conseguir un mundo máis sostible.