"Universo Sostenible" é unha serie de espazos audiovisuais na que, expertos e investigadores de distintas universidades españolas, falan de temas de gran actualidade, das súas investigacións e traballos ao respecto. A serie consta de 3 temporadas e todos os capítulos emítense na TVE2 dentro do programa "A aventura do saber". Neste capítulo da 3ª temporada, titulado: "¿Son o mesmo alimentación e nutrición?", intervén, por parte da USC Rosaura Leis Trabazo, Profesora Titular de Pediatría da Universidade de Santiago de Compostela. Ademáis da USC interveñen as seguintes universidades: Universidade de Extremadura: María de Guía Córdoba. Universidade Politécnica de Cartagena: Encarna Aguayo. Universidade de Miguel Hernández: José Ángel Pérez. Universitat de les Illes Balears: Catalina Picó. Universidade Europea: Mar Larrosa.